Intensa xornada do Parlamento de Galiza - "cámara de tortura", como sinalou Beiras tras escoitar o discurso inzado de mentiras de Núñez Feijóo - da que mañá daremos boa conta, con información sobre os discursos e as anécdotas do día. Xosé Manuel Beiras amosouse aínda máis convencido da necesidade da "rebelión cívica democrática contra o expolio". "Sairán daquí en estado de sitio" - vaticinou -. "AGE vai traballar a prol da cidadanía, dentro e fóra do Parlamento".
En breve ampliaremos información, cos discursos dos grupos e anécdotas das xornada.
Deixámosvos as ligazóns dos vídeos da xornada da sesión de investidura no Parlamento de Galiza. O discurso de Xosé Manuel Beiras, por parte de Alternativa Galega de Esquerda, comeza, no primeiro vídeo, no minuto 42'.