TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

O Grupo Parlamentario de AGE esixe medidas urxentes para paliar a grave situación dun sector estratéxico para Galiza e denuncian a actuación “inaceptábel” no Parlamento ao desaloxar “de malas formas a cidadás e cidadáns que unicamente trataban de expresarse”.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda manifestou o seu apoio e solidariedade co sector lácteo e as súas reivindicacións, reclamando solución ao drama que están a vivir os gandeiros e gandeiras do noso país.

O portavoz do Grupo, Xosé Manuel Beiras, denunciou o desprezo manifestado por Feijóo na súa intervención ante o Parlamento e a falta de sensibilidade hacia un sector estratéxico para Galiza.

 

 

 

“Os gandeiros e gandeiras deste país non teñen a culpa da situación na que se atopan que os está a levar á desesperación” asegurou, engadindo que o Partido Popular o que fixo hoxe expulsando aos representantes do sector que estaban a protestar no hemiciclo é “o que sempre fan, expulsar das institucións a todos aqueles que non son máis mansos que as vacas, pero nós temos a obriga de dicir e sinalar quen son os culpábeis e devolverlle a sobería aos cidadáns”.

 

O responsábel do sector gandeiro do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, denunciou a actuación do persoal de seguridade do Parlamento que desaloxou “dun xeito inaceptábel a uns cidadáns que unicamente trataban de expresar a súa indignación ante as mentiras de Feijóo no seu discurso ante o Parlamento”. Así mesmo, denunciou a actuación á saída do Parlamento onde a Policía Nacional identificou a este grupo de gandeiros “coma se fosen delincuentes perigosos”. “Non se está atendendo o sector lácteo como outros como o enerxético que ten garantidos os beneficios por ser un sector estratéxico mentres que o gandeiro, que nós si consideramos que é estratéxico en Galiza, non só non ten garantidos os prezos senón que ademáis non se exerce o control sobre as grandes superficies impedindo que vendan por debaixo dos custes”, explicou Antón Sánchez, quen asegurou que “os gandeiros e gandeiras galegas sí fixeron os seus deberes”.

 

A situación, aseguran, esixe solucións urxentes porque “moitas das explotación xa non poden afrontar os seus pagos máis inmediatos e elementais”.

 

Por iso, os deputados de Alternativa Galega de Esquerda reclaman “un cambio de modelo que modifique as deficiencias estruturais do sector cun modelo intensivo e industrial, excesivamente dependente dos insumos dependentes do petróleo, cara un modelo máis extensificado, sustentábel, e menos dependente”. Reclaman, ademáis, medidas de control na cadea comercial e na fixación de prezos mínimos.

 



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!