TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

Os membros do Grupo Parlamentario consideran o proxecto de Mina de Corcoesto forma parte dun expolio dos recursos naturais de Galiza.

 

Membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto reuníronse o día 27 de novembro co grupo parlamentario de AGE para transmitir a súa preocupación polo proxecto de extracción de ouro, e as súas consecuencias sociais e ambientais.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañán do 28 de novembro no Rexistro do Parlamento de Galicia unha petición de información na que se pedía en primeiro lugar que se inste a Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que facilite toda a documentación relacionada co proxecto estratéxico industrial da mina a ceo aberto na localidade de Corcoesto.

 

A Plataforma considera que os sacrificios que suporá para a zona non son compensados polos reducidos beneficios en forma de postos de traballo, que traerá o proxecto nos seus trece anos de vida útil, e que en cambio afectarán a outros sectores coma o gandeiro ou o turístico.

AGE considera que este proxecto é paradigmatico do modelo estilo "Binevenido Mister Marshall" do PP, onde unha empresa explota uns poucoa anos os recursos naturais galegos a cambio de man de obra barata e dunhas leis ambientais máis permisivas que no resto de Europa.

Esto está lonxe de ser un modelo baseado no coñecemento e a innovación, e é simplemente un expolio dos nosos recursos.

Cando rematen estes escasos 11 anos a empresa deixará tras de sí un buraco de enormes dimensións,contaminación e perxuízos ao sector turístico e aos recursos naturais.

O Grupo de AGE comprometeuse a facer unha laboura parlamentaria de control e oposición deste tema e en xeral dos proxectos similares que salpican o noso territorio.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!