TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda acudirá á manifestación en solidariedade cos traballadores condenados por defender o Convenio Colectivo de Alimentación

 

 

O 25 de novembro, na cidade de Pontevedra comezou a folga de fame en protesta pola sentenza do Tribunal Penal que condena a tres traballadores a unha pena de tres anos de prisión por mor da folga en defensa do Convenio Colectivo de Alimentación da provincia de Pontevedra.

 O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda quere manifestar publicamente o seu apoio e solidariedade cos tres traballadores condenados nunha sentenza inxusta e desproporcionada que lonxe de impartir xustiza máis ben parece que o único que pretende é implantar castigos exemplarizantes para o movemento sindical, co único obxectivo de desmobilizar á clase traballadora.

Esta sentenza, unha vez máis vén confirmar o que o pobo xa sabe: hai dúas xustizas, unha para ricos e outra para o pobo.

Alternativa Galega de Esquerda esixe, como acto da máis elemental xustiza, a amnistía para os tres condenados e nesta esixencia acudirá en solidariedade cos traballadores afectados á manifestación que se celebrará na cidade de Pontevedra, o día 15 de decembro, ás 11:30 horas.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!

Modificado o (Mércores, 28 Novembro 2012 13:54)