TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

O Portavoz Nacional de Anova e portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento arremete contra o que considera un trato discrimantorio da Cámara contra a súa formación, acusando á institución autonómica de funcionar coma "un organismo supraprovincial caciquil".

 

 

Tras a reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento, Beiras denunciou que a Cámara galega actúa coma "unha comunidade de propietarios que xa ten todo repartido" e que mira "a ver como se lle fai sitio aos recén chegados" aos que se trata de "rabudos, alborotadores e intrusos", en referencia a que non se dotara a AGE de instalacións adecuadas para desenvolver o seu traballo. "Parece que non se poden producir trastornos máis que a nós", sinalou Beiras.

O reparto de espazos e de representantes nas comisións que propón a Mesa é inxusta para a terceira forza política da Cámara galega. As comisións parlamentarias terán 12 repreentantes, sete para o PPdeG, tres para o PSdeG, un para AGE e outro para o BNG.

AGE xa comezou o traballo no Parlamento, con iniciativas como pedir a comparecencia de Feijóo para que explique a súa postura sobre a LOMCE, esixir a derrogación do Decreto do Plurilingüismo ou medidas de apoio ao sector agrario.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!

Modificado o (Domingo, 25 Novembro 2012 02:03)