TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter
Beiras asegura que o sector naval non ten futuro se persisten as políticas da UE

O Portavoz Nacional de ANOVA, Xosé Manuel Beiras, asegurou onte no Ferrol, que o sector naval galego non ten futuro se persisten as políticas da UE
O dirixente nacionalista pronunciou estas palabras tras manter un encontro cos membros del Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, no que abordaron a situación de Reganosa, la planta de gas situada en Mugardos, e o novo escenario xurídico tras da última sentencia do Tribunal Superior de Xustiza.


Nunha rolda de prensa, Beiras asegurou que os estaleiros galegos, tanto de Ferrol como de Vigo, veñen padecendo desde hai máis de 25 años o hostigamento por parte da Unión Europea, en beneficio dos estaleiros da extinguida Alemaña do Leste, que foron en seu día os grandes beneficiados das políticas de ámbito continental, en detrimento de nosos centros produtivos.
Ademais, Beiras recordou a súa participación durante moitos anos na defensa destes estaleiros, e criticou tamén a actitude dos sindicatos estatais á hora de negociar a política laboral destes centros de traballo.

Co Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol

Xosé Manuel Beiras desprazouse ao Ferrol para manter unha reunión con representantes do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que se opón á actual ubicación de Reganosa no municipio de Mugardos.
Tras do encontro, Beiras transmitiu o "posicionamento rotundo" de Anova a favor de que se execute a sentencia que anula a modificación puntual del plan urbanístico de Mugardos que amparou a construción de Reganosa.
Insistiu en que "no valen apaños" e advertiu que "no hai encaixe posible", en referencia as declaracións realizadas polo presidente de la Xunta de Galicia.
Xosé Manuel Beiras advertiu que a modificación de un marco legal para legalizar "un fenómeno criminoso para que no sea delictivo", en relación á aprobación de unha modificación puntual do plan urbanístico, sería "prevaricación", ademais de ser "eticamente condenábel".
Porén o Portavoz Nacional de Anova que aposta polo peche de Reganosa na súa ubicación actual, por peligrosidade e en cumprimento da sentencia, defendeu o seu traslado ao porto exterior para que Galicia dispoña de "soberanía enerxética".
Tamén reclamou una "reformulación" empresarial da planta de gas para que se transforme nunha empresa pública ou mixta, e con maioría de capital público.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!