TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

"Estes orzamentos son unha inocentada ou son os de verdade?"
Así se refería o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, aos Orzamentos da Xunta para 2013, que afondan nos recortes sociais.

 

Beiras denunciou que a tramitación no Parlamento do proxecto de Lei de Orzamentos se vai facer con "precipitación": "o PP fai todo a correr", dixo, "para chegar a ningunha parte". A precipitación de Feijóo sequera deixa tempo para poder formalizar as peticións de comparecencia na Comisión de Economía por parte dos grupos da oposición – o prazo finaliza o sábado ás 12 horas -.

O recorte total aos Orzamentos con respecto ao pasado ano son uns 222 millóns de euros, dos cales uns 160 millóns corresponden ao recorte en gasto social (Sanidade, Educación, Traballo e Benestar).

A partida con maior caída (un 13% menos) é a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, seguida de Educación, que perde 96,5 millóns de euros, un 4,3%. Traballo-Benestar e Sanidade perden 12 e 51 millóns de euros respectivamente.

Deputados e deputadas de Alternativa Galega de Esquerda traballarán para ofrecer unha "alternativa á totalidade" destes Orzamentos, porque é posíbel poñer por diante de todo o gasto social.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!