TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

 

Dende ANOVA, denunciamos o modelo de Política Migratoria que quere introducir o Ministro Gallardón: o de amparar aos ricos e especuladores e tratar como a delincuentes a persoas que teñen que migrar para garantir a súa supervivencia e a intención de criminalizar o traballo fundamental de moitas organizacións humanitarias, en troques de defender dereitos fundamentais das persoas máis vulnerables.

Rexeitamos enerxicamente as medidas que está a impulsar o Ministro Gallardón e denunciamos que os cambios nas políticas de estranxeiría que quere implantar no Estado Español soamente xerarán máis desigualdade e inxustiza social.

 

 

Se este sector da poboación inmigrante contase co dereito á participación política, sendo un importante nicho de votantes, se cadra non sería culpabilizado tan á lixeira por parte de quen fai do fomento da xenofobia unha ferramenta para obter réditos electorais.

Quizais tampouco serían obxectivo das políticas de recorte máis duras do Goberno Estatal, que lles nega a atención sanitaria, intérnaos en cárceres disfrazadas de CIE´s...

A situación xa de por si grave de vulnerabilidade social que padece o colectivo da poboación inmigrante en situación irregular, verase agravada cando se aprobe o último paquete de medidas anunciado polo Ministro do réxime Ruíz Gallardon.

Nunha reviravolta, agora pretende modificar o Código Penal para que, independentemente da gravidade do delito imputado, as penas de cárcere sexan substituídas pola expulsión directa aos países de orixe e ademais, abrindo a posibilidade de imputar un delito de inmigración ilegal a aquelas persoas que lles presten axuda humanitaria.

Todas estas medidas contrastan burdamente co anuncio de outorgamento do permiso de residencia para aquelas persoas que merquen unha vivenda por valor superior a 160.000 euros. É dicir, criminalizar aquelas persoas que foxen dos seus países en busca dunha vida digna, e permisos especiais para os máis ricos.

 

Galiza 19 de decembro de 2012

 



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!