TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

 

Anova – Irmandade Nacionalista apoia a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega e así garantir o dereito constitucional á nosa saúde.

A Proposición de Lei que se debate mañá, 18 de decembro, no Parlamento galego pretende a xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción da saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.

 

 

Dende Anova apoiamos a ILP de SOS Sanidade Pública e a concentración cidadá convocada mañá diante diante do Parlamento ás 10 horas para amosar o apoio social á mesma, na que animamos a participar.

Os puntos da ILP son

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á Saúde de todos os galegos.

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galiza.

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.

 

Galiza, decembro de 2012.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!