TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

A CELEBRACIÓN RITUAL DUNHA CONSTITUCIÓN QUE NOS NEGA COMO NACIÓN NUNCA FOI A NOSA FESTA PERO AÍNDA O É MENOS CANDO OS QUE SE RECLAMAN MÁIS DEVOTOS DO "PATRIOTISMO CONSTITUCIONAL" VIOLAN A CONSTITUCIÓN UN DÍA SI E OUTRO TAMÉN

No día en que se celebra a Festa da Constitución Española, Anova - Irmandade Nacionalista quere reiterar a convicción de que o benestar da maioría social galega require a plenitude dos dereitos individuais e colectivos como pobo. Afirmamos que na loita social, pero tamén dende as institucións, é preciso pular pola liberdade, igualdade e fraternidade para a cidadanía e polo exercicio da soberanía plena para a nosa nación. Liberación nacional e social son indisociábeis nunha nación sen estado.
A celebración ritual dunha constitución que nos nega como nación nunca foi a nosa festa pero aínda o é menos cando os que se reclaman máis devotos do "patriotismo constitucional" violan a Constitución un día si e outro tamén en todo o que ten que ver co estado social, do cal as prescripcións máis relvantes foron derrogadas hai tempo.

 

Galiza, 5 de decembro de 2012.



Comparte este artigo no Facebook:
Facebook!