TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

As asembleas de Anova - Irmandade Nacionalista acordaron levar adiante a proposta da Coordinadora Nacional de conformar unha fronte ampla para desaloxar ao PP da maioría do Parlamento da Galiza e da Xunta.

Anova - Irmandade Nacionalista aposta por unha ampla coalición electoral, aberta a organizacións políticas, sociais e cidadanía activa para a defensa do noso País e da maioría social; unha alianza que abranga "ao espazo social, político e cívico que representa a maioría social agredida polo poder político no Estado español e na Galiza, na medida en que as institucións da Xunta se usan como instrumento de agresión contra a maioría social e de destrución de todo o alcanzado no proceso de avance do exercicio do autogoberno do pobo galego", en palabras de Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional de Anova.

Ler máis...

 

As asembleas de Anova - Irmandade Nacionalista debaten estes días sobre a proposta de fronte popular ampla para as eleccións lexislativas galegas do 21 de outubro.

Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional de Anova, compareceu hoxe en rolda de prensa para plantexar publicamente a proposta de unidade de acción no plano electoral nunha fronte ampla de redes de movementos sociais e organizacións políticas, dende Compromiso por Galicia ata Esquerda Unida ou o BNG.


Ler máis...

 

Esixímos a dimisión do Conselleiro de Industria.

O TSXG anula a decisión do goberno de PP de suspender o concurso eólico en 2009

Con independencia das consideracións sobre o concurso eólico convocado pola Xunta na etapa de goberno bipartito, en especial sobre a súa incidencia en espazos protexidos, que ANOVA non comparte, a sentenza do TSXG do pasado 24/07/2012 supón un impresionante revés á decisión de suspender o concurso eólico, adoptada polo goberno do PP no 2009, que agora se demostra ilegal e carente de fundamento. O propio TSXG considera que a resolución da Xunta no 2009, de suspender o concurso eólico, incorreu en desviación de poder.

Ver a sentenza.

Ler máis...

 
Anova abre o debate sobre a unidade de acción para facer fronte á involución democrática e ás agresións á maioría social que a conforma

A Coordinadora Nacional de ANOVA acordou propoñer ás Asembleas Locais ou Comarcais un debate aberto sobre a situación de auténtica emerxencia nacional, de involución sistemática dos dereitos e das liberdades cívicas e a continua agresión económica á maioría social á que está sendo sometida polo poder económico do capital financeiro e dos seus axentes en forma de partidos do sistema e gobernos submisos ao seu ditado.

Ler máis...

 

A Coordinadora Nacional de Anova – Irmandade Nacionalista expresa a súa repulsa polas cargas dos antidisturbios contra a prostesta de persoas afectadas polas preferentes concentradas o sábado 1 de setembro diante do acto político do PP en Soutomaior.


Ler máis...

 

Confirmada a submisión de Feijóo ás directrices de Madrid convocando as eleccións ao Parlamento Galego para o 21 de outubro, Anova - Irmandade Nacionalista manifesta o seguinte:

1. Anova augura a fin da Brigada de demolición que representou e representa a Xunta do PP instalada en San Caetano.

2. Feijóo viuse forzado a convocar eleccións no seu peor momento, cando a cidadanía está máis mobilizada contra tres anos de desgoberno e medidas contra a calidade de vida da maioría social e o TSXG vén de poñer en evidencia o uso espúreo do poder para entregar as autorizacións eólicas aos seus amos.

3. O PP non se podía permitir sufrir antes das eleccións galegas unha nova desfeita nas eleccións vascas tras do acontecido na Andalucía. Rajoy manda Feijóo obedece.

 

ANOVA - Irmandade Nacionalista únese ao fondo pesar do pobo galego pola perda dun dos seus "bos e xenerosos" e envía unha fonda aperta á familia e amizades de Avelino Pousa Antelo.

Ler máis...

 

 

Acto do Día da Patria 2012 de ANOVA na praza de Mazarelos-Compostela. Presenta Flor Maceiras ao Coodenador Nacional de ANOVA, Xosé Manuel Beiras.