TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

David de Toén di que os Orzamentos da Xunta para 2013 son indefendibles pois, dende o punto de vista medioambiental non teñen "non analizan os problema do País", co cal é imposíbel plantexar solucións. Por exemplo, a consideración do solo como "sustento da biosfera" está ausente nos orzamentos, que non prevén "os impactos sobre o solo das actividades contaminantes, coma a minería". Tampouco se ten en conta a "dependencia enerxética" e a "crise do petróleo" á hora de plantexar políticas de mobilidade, algo que David Fernández cre impresncindíbel. Alternativa Galega propón emendas para "apostar polo transporte público" e evitar a dependencia do transporte privado. Sobre este aspecto, David F. Calviño acusa ao PP de non ter "visión de futuro, só ocorrencias".

 

Cando un grupo humano que fai do espolio aos seus semellantes a súa forma de vida crean o marco xurídico que lles da amparo e os valores morais que glorifican a rapiña.

 

Vostedes recortan porque din que non hai recursos e néganse a aceptar as nosas propostas que os farían aumentar. Robin Hood roubando aos probes o pouco que lles queda para llo dar aos ricos.
Se nunha cadea de montaxe un coche saíse como entra a produtividade sería cero. Como aquí.

Ou destrúen de vez este País ou os bota a cidadanía "por piernas".

 

O anteproxecto de "Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local" do PP é unha voadura planificada da administración local e da democracia cidadán no seu ámbito máis próximo municipal.

Este proxecto insiste no reforzamento das Deputacións e da Administración Central violentando as competencias da Xunta e o principio de autonomía local básico no ordenamento xurídico do Estado.

Busca promover a supresión e privatización de servizos municipais, condicionando a administración municipal aos principios de estabilidade orzamentaria e suficiencia económica, en detrimento do interese público xeral e dos servizos básicos que presta á cidadanía.

Pretende impedir a posta en marcha ou continuidade de iniciativas de actividade económica polos concellos, en beneficio das empresas privadas. Por exemplo, en vivenda, os Concellos só terán competencia na "Promoción y gestión de la vivienda de protección pública con criterios de sostenibilidad financiera " (na Lei vixente : "promoción e xestión de viviendas"), co cal a xestión da vivenda polos Concellos queda limitada á de protección pública (con exclusión das privadas) e sempre e cando se cumpra o principio de sostibilidade financeira (custo/beneficio), cargándose o Patrimonio Municipal do Solo como instrumento regulador da vivenda. E todo isto a beneficio das promotoras e inmobiliarias privadas.

Amais impedirá dotar ás parroquias e entidade locais menores de personalidade xurídica propia pechando a posibilidade dunha reforma das administracións acaídas á realidade territorial e poboacional de Galiza

Una cuestión importante a destacar como moi negativa é que leva a unha reconversión encuberta e silenciada, un auténtico ERE no persoal municipal daqueles concellos que vexan transferidas, ademais forzosamente, servizos á deputación.

Un auténtico atentado privatizador.

 

O grupo parlamentar de AGE considera inaceptábel que Mariano Rajoy siga a manter un discurso garantista cos mercados pero que reduce a cinzas os dereitos económicos e sociais da maioría

Ler máis...

 

 

 

Beiras a Puy: vostedes acatan unha animalada que ataca a soberanía.

O señor Puy non cre no que di.

 

Nos días 25 e 26 de febreiro de 2013 ten lugar no Parlamento de Galiza o pleno para debate e votación do Proxecto de Lei de Orzamentos da C. A. para 2013.

Como o Goberno da Xunta renuncia nestes presupostos a incrementar os ingresos cos mecanismos dos que dispón, Alternativa Galega de Esquerda, explotando as cativas competencias da CA galega, propón un incremento dos ingresos da Xunta en 600 millóns de € para destinar ao máis básico: Sanidade, Educación, Servizos Sociais. Incrementos basados en facer pagar máis a quen máis ten. Foi rexeitado pola maioría do PP.

 

Ler máis...

 

Anova apoia a convocatoria da Aasociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) e a Delegación Saharaui en Galicia para hoxe, xoves 21 de febreiro, ás 18 h na praza das Praterías de Compostela, en solidariedade cos saharauis condenados por opoñerse ao violento desmantelamento do campamento de Gdeim Izik o 8 de novembro de 2010.

A convocatoria conta co apoio de diversas forzas políticas, sindicais e sociai.

"Expresamos a nosa enérxica repulsa e condena unánime a esta ignominiosa sentenza aos Saharauis Defensores dos Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados do Sahara Occidental. E reafirmanos a nosa vontade e determinación de seguir loitando polos Dereitos Inalienables do Pobo Saharaui."

 

 

O proxecto do PP suporá recorte e privatización de servizos públicos, o reforzamento das Deputacións e una degradación da autonomía local.

Diante do Anteproxecto de reforma da administración local, aprobado onte polo Consello de Ministros, Anova manifesta o seguinte :

1.- O proxecto vai supoñer un reforzamento das Deputacións e do Estado central, en detrimento das competencias dos Concellos e da propia Xunta de Galiza.

2.- O proxecto vai supoñer o recorte da oferta de determinados servizos públicos básicos e esenciais...

Ler máis...