TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

 

 

Intensa xornada do Parlamento de Galiza - "cámara de tortura", como sinalou Beiras tras escoitar o discurso inzado de mentiras de Núñez Feijóo - da que mañá daremos boa conta, con información sobre os discursos e as anécdotas do día. Xosé Manuel Beiras amosouse aínda máis convencido da necesidade da "rebelión cívica democrática contra o expolio". "Sairán daquí en estado de sitio" - vaticinou -. "AGE vai traballar a prol da cidadanía, dentro e fóra do Parlamento".

 

Ler máis...

 

Os membros do Grupo Parlamentario consideran o proxecto de Mina de Corcoesto forma parte dun expolio dos recursos naturais de Galiza.

 

Membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto reuníronse o día 27 de novembro co grupo parlamentario de AGE para transmitir a súa preocupación polo proxecto de extracción de ouro, e as súas consecuencias sociais e ambientais.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañán do 28 de novembro no Rexistro do Parlamento de Galicia unha petición de información na que se pedía en primeiro lugar que se inste a Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que facilite toda a documentación relacionada co proxecto estratéxico industrial da mina a ceo aberto na localidade de Corcoesto.

Ler máis...

 

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda acudirá á manifestación en solidariedade cos traballadores condenados por defender o Convenio Colectivo de Alimentación

 

Ler máis...

 

Illar socialmente ao machismo! Illar as políticas machistas do Partido Popular!

Anova Irmandade Nacionalista quer manifestar o seu apoio a todas as actividades, concentracións e reivindicacións que o movemento feminista está a organizar no noso país ao redor da data internacional para a erradicación da violencia machista en todo o planeta. Unha violencia que cobra vítimas mortais, tamén no noso pais; que ocasiona lesións físicas a miles de mulleres e que deixa secuelas psicolóxicas a moitas outras e ás súas familias.

 

Ler máis...

 

O Grupo Parlamentario de AGE esixe medidas urxentes para paliar a grave situación dun sector estratéxico para Galiza e denuncian a actuación “inaceptábel” no Parlamento ao desaloxar “de malas formas a cidadás e cidadáns que unicamente trataban de expresarse”.

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda manifestou o seu apoio e solidariedade co sector lácteo e as súas reivindicacións, reclamando solución ao drama que están a vivir os gandeiros e gandeiras do noso país.

O portavoz do Grupo, Xosé Manuel Beiras, denunciou o desprezo manifestado por Feijóo na súa intervención ante o Parlamento e a falta de sensibilidade hacia un sector estratéxico para Galiza.

 

 

Ler máis...

 

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda manifesta o apoio á loita das traballadoras e traballadores do Hopital Povisa

Os membros do Grupo Parlamentar denunciaron a actitude de Feijoo na entrega do VII Premio Familia Empresaria de Galicia no que non escatimou en eloxios á Familia Silveira Martín

O Grupo Parlamentar rexeitan as políticas de recortes de dereitos e empobrecemento que esta familia está a imponer

 

Ler máis...

 

O responsábel no Parlamento de Galiza da área de Agricultura e Alimentación, Antón Sánchez, esixe respostas inmediatas e un tratamento cando menos análogo no esforzo ao de sectores como o bancario e o enerxético que teñen beneficios e prezos garantidos polas políticas de expolio do Partido Popular.

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, responsábel no Parlamento de Galiza da área de Agricultura e Alimentación, Antón Sánchez, denunciou hoxe que “ante a situación desesperada de miles de gandeiros e gandeiras o presidente en funcións da Xunta de Galiza asiste impasíbel sen tomar ningunha medida que evite máis sufrimento a estas familias”.

Para Alternativa Galega de Esquerda “o sector agrario é estratéxico para o país por razóns económicas, sociais e culturais e esiximos da Xunta de Galiza respostas inmediatas e un tratamento cando menos análogo no esforzo ao de sectores coma o bancario e o enerxético que teñen beneficios e prezos garantidos respectivamente polas políticas de expolio do Partido Popular. Se as enerxéticas teñen prezos garantidos despois de ser privatizadas porque non o teñen os gandeiros e gandeiras? Se os bancos reciben axudas multimillonarias porque non os gandeiros e gandeiras?”

 

Ler máis...

 

O Portavoz Nacional de Anova e portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento arremete contra o que considera un trato discrimantorio da Cámara contra a súa formación, acusando á institución autonómica de funcionar coma "un organismo supraprovincial caciquil".

 

Ler máis...