TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda denunciou esta mañán en rolda de prensa a nova vía de saqueo e expolio e o brutal ataque á riqueza mediambiental e ecolóxica do noso país que supón o proxecto mineiro de Corcoesto e que conta coa complicidade da Xunta de Galiza.

Segundo Xosé Manuel Beiras, "este proxecto compénsalle á empresa, pero ao noso país non, á nosa xente non. Están aproveitando a situación de crise e o paro. É unha chantaxe sobre a xente que está abocada a pasar fame ou ter que emigrar. Absolutamente intolerábel".

 

Ler máis...

 

Os deputados e deputadas de Alternativa acusan á Xunta de Galicia de ser "cómplice pasivo" co se apoio ao proxecto e destacan que Asturias rexeitou un proxecto similar e o Tribunal Supremo deulle a razón.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda a denuncia a actitude da Xunta de Galiza en relación ao proxecto de extracción de ouro da empresa mineira Corcoesto SL (*) que aseguran é un intento de estafa e extorsión aos veciños do que o Goberno galego é "cómplice pasivo".
Os propietarios dos terreos onde se pretende realizar o proxecto están a recibir unha carta da empresa instándoos a vender os terreos por 1,2 euros por metro cadrado, e ameazándoos con que se non o fan así antes de fin de ano, comezaría o proceso expropiatorio e obterían prezos máis baixos.

 

Ler máis...

 

A CELEBRACIÓN RITUAL DUNHA CONSTITUCIÓN QUE NOS NEGA COMO NACIÓN NUNCA FOI A NOSA FESTA PERO AÍNDA O É MENOS CANDO OS QUE SE RECLAMAN MÁIS DEVOTOS DO "PATRIOTISMO CONSTITUCIONAL" VIOLAN A CONSTITUCIÓN UN DÍA SI E OUTRO TAMÉN

Ler máis...

 

Señora Presidente, señorías:

I. "Aqués que tén fama de honrados na vila / roubáronme tanta brancura que eu tiña, / botáronme estrume nas galas dun día, / a roupa de cote puxéronma en tiras. / Nin pedra deixaron en onde eu vivira; / sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, / ó raso cas lebres dormín nas campías; / meus fillos..., meu anxos!..., que tanto eu quería, / morreron, morreron, ca fame que tiñan! / Quedei deshonrada, mucháronme a vida, / fixéronme un leito de toxos e silvas: / i en tanto, os raposos de sangue maldita, / tranquilos nun leito de rosas dormían. / -'Salvádeme, ou, xueces!', berrei... Tolería!. / De min se mofaron, vendeume a xusticia. / -'Bon Dios, axudáime!', berrei, berrei inda... / Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. / Estonces, cal loba doente ou ferida, / dun salto con rabia pillei a fouciña, / rondei paseniño... Ne as herbas sintían! / I a lúa escondíase, i a fera dormía / cos seus compañeiros en cama mullida. / Mireinos con calma, i as mans estendidas, / dun golpe, dun sóio!, deixeinos sin vida, / i ó lado, contenta, senteime das vítimas, / tranquila, esperando pola alba do día. / I estonces..., estonces cumpréuse a xusticia, / eu, neles; i as leises, na man que os ferira."

      Ben se decatarían xa as suas señorías de que o texto que veño de ler non está tirado de ningunha copla panfletaria contra as leoninas taxas impostas polo ministro de Xustiza actual, malia que vulneran frontalmente o dereito dos cidadáns do común a unha xustiza gratuita, e reduce a cinzas a norma contida no artigo 24.1 da Constitución, que predica que "Tódalas persoas teñen dereito a obteren a tutela efectiva dos xuíces e tribunais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, sen que, en ningún caso, se poida producir indefensión". Porque resulta evidente que esa reaccionária decisión ministerial incurre na aberración de convirtir o recurso dos cidadáns á xustiza nunha mercaduría, un ben que compre mercar con cartos, so pena de ficar en indefensión.

Ler máis...

 

"Non hai ningunha dúbida sobre o feito de que estes pesticidas sistémicos (neonicotinoides e fenilprazoles), utilizados masivamente na agricultura intensiva, son unha das causas da mortalidade das abellas e dos fenómenos do colapso das colonias. As probas son suficientemente numerosas e intanxibles para aplicar o principio de precaución e prohibir esta gama de praguicidas.
A abella é o vector de Polinización indispensable para a biodiversidade. A falta de polinizadores conducirá inevitablemente a unha diminución dos cultivos: é necesario protexer as abellas e ter en conta os servizos ambientais que prestan. O valor da polinización foi estimado en 153 mil millóns por ano."

Ler máis...

 

ANOVA DESTACA O "DURO GOLPE POLÍTICO" ÁS POLÍTICAS DE FEIJÓO EN MATERIA DE VIVENDA QUE O GOBERNO CENTRAL CONSIDERE INCONSTITUCIONAIS VARIOS ARTIGOS DA LEI DE VIVENDA APROBADA ESTE ANO POLO PP

Dende Anova, consideramos que se pon de manifesto que o modelo de Feijóo é o de amparar aos infractores e aos especuladores, en troques de considerar a vivenda coma un dereito das persoas

Dende Anova, denunciamos que as políticas da Xunta amparan as ilegalidades e reducen a reserva de solo para vivendas de protección en Galiza.

Ler máis...

 

 

Entrevista a Beiras en RNE o domingo día 2 de decembro

 

Deputados e deputadas de AGE reuníronse esta mañá con representantes dos afectados polas preferentes, que trasladaron o seu malestar e inquedanza ante a situación actual na que se paralizou o sistema de arbitraxe tras as eleccións.

O Grupo Parlamentario denuncia que Feijoo coñecía a situación, xa que no 2009 se encargara unha auditoría á entidade bancaria na que xa se informaba do tema das preferentes.

 

Ler máis...