O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda tacha os Orzamentos do Goberno de Feijóo de "crime de lesa cidadanía".
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda denuncia a política "aberrante" do goberno de Núñez Feijoo que encamiña a Galiza cara ao inferno Xosé Manuel Beiras asegura que "os datos do paro son únicamente a punta do iceberg" e destaca que "a situación vaise agravar ainda máis cos orzamentos para 2013, que destrúen e mutilan os programas destinados a promoción de emprego" O voceiro do Grupo Parlamentar suliñou que "as políticas procíclicas do PP o único que conducen é a unha catástrofe social de dimensións incríbeis que dará lugar a un rebentón social, xa que a maioría social non pode aturar a agresión constante"
Alternativa considera un "agravio intolerábel" para cos intereses de Galiza a Lei para paliar os danos producidos polos lumes e catástrofes naturais. Alternativa Galega de Esquerda fai un chamamento á mobilización contundente contra o anuncio de ERE por parte de Cementos Cosmos. O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda insta a Xunta a explicar cales son as liñas de actuacións previstas na Formación Profesional anunciadas por Feijóo. O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta actuacións urxentes e que se depuren responsabilidaes en relación ao proxecto de Alimentos lácteos SL. Propostas á Fiscalía Superior de Galiza. Deputados do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda reuníronse con representes das Plataformas 'Salvemos Cabana' e 'Santa Comba viva'.
Dende ANOVA, denunciamos o modelo de Política Migratoria que quere introducir o Ministro Gallardón: o de amparar aos ricos e especuladores e tratar como a delincuentes a persoas que teñen que migrar para garantir a súa supervivencia e a intención de criminalizar o traballo fundamental de moitas organizacións humanitarias, en troques de defender dereitos fundamentais das persoas máis vulnerables. Rexeitamos enerxicamente as medidas que está a impulsar o Ministro Gallardón e denunciamos que os cambios nas políticas de estranxeiría que quere implantar no Estado Español soamente xerarán máis desigualdade e inxustiza social.
|
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa dos deputados, Antón Sánchez e Yolanda Díaz, e a través do seu voceiro Xose Manuel Beiras Torrado, presentou unha Proposición non de Lei relativa ao proxecto mineiro de Corcoesto na que se insta á Xunta á elaboración urxente dun Plan Especial de Desenvolvemento Económico da comarca de Bergantiños co obxetivo de buscar alternativas sostibles para a zona.
"Estes orzamentos son unha inocentada ou son os de verdade?"
A situación actual das caixas (hoxe Banco) foi anunciada por Xosé Manuel Beiras hai dezasete anos no Parlamento de Galiza. Na súa intervención do 17 de novembro de 1995 - que reproducimos íntegra ao final do artigo - xa advertía dos efectos perniciosos das cotas participativas e das súas consecuencias. En canto ás preferentes, Beiras exortou aos xuíces de instrucción e aos ministerios fiscais das audiencias a exercer as súas competencias para proceder a investigar todos e cada un dos casos, contratos, as condicións de abuso, confianza e engano que se empregaron, e entrevistarse coas víctimas desta estafa para recadar os indicios de actuación delictiva e evitar que os cidadáns fiquen en estado de indefensión tal e como está a acontecer na actualidade, o que supón unha nova violación da Constitución.
Anova – Irmandade Nacionalista apoia a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega e así garantir o dereito constitucional á nosa saúde. A Proposición de Lei que se debate mañá, 18 de decembro, no Parlamento galego pretende a xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción da saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
|
- Denunciamos o brutal ataque medioambiental e o novo intento de saqueo que supón o proxecto mineiro de Corcoesto
- Alternativa presenta unha Proposición Non de Lei polos efectos de insecticidas sobre abellas e polinizadores
- Alternativa Galega de Esquerda considera a carta enviada pola empresa mineira aos veciños de Corcoesto un intento de estafa e extorsión
- Duro golpe político a Feijóo en materia de vivenda
- comunicado 6-D: Liberación nacional e social son indisociábeis nunha nación sen estado.
- Entrevista a Beiras en RN 2/12/2012
- Xosé Manuel Beiras: discurso no pleno de investidura 2012
- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda denuncia a complicidade política de Feijóo no conflicto das preferentes