O voceiro do Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, lamenta que o PP reaccione á situación actual decindo que Galiza está mellor que outras comunidades porque "como dí un refrán castelán: mal de muchos, consuelo de tontos"
Emenda á totalidade, de devolución, dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2013 presentada polo grupo de Alternativa Galega de Esquerda a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras Torrado. O resultado da 'consolidación fiscal', en tódolos países onde se aplica é esactamente o contrario do obxectivo que proclama perseguir: eleva sistemáticamente o endebedamento e a cárrega do seu servizo. Por razóns teóricas que están nos fundamentos da macroeconomía, e que só ignoran os 'zombies' -Stiglitz dixit, non AGE- travestidos en economistas que asesoran ou transmiten as consignas a gobernantes ignorantes ou dispostos a todo para servir aos 'mercados' no canto dos cidadáns.
David F. Calviño dende Alternativa Galega de Esquerda denuncia que o castelán cada vez ten máis presenza na programación da CRTVG e insta a que, de acordo coa súa lei de creación, os medios públicos fomenten máis a identidade nacional galega Tamén aposta por unha CRTVG "pública e independente", cunhas "boas condicións laborais" para a súa plantilla.
O deputado David Fernández acusa ao Goberno de Feijóo de "pasar por riba do Estatuto e renunciar á comarcalización"
|
Xosé Manuel Beiras reclama unha nova "transición" política
"As nosas emendas inverten a lóxica de asignación de recursos da Xunta para defendermos a cidadanía", afirma Xosé Manuel Beiras
Anova – Irmandade Nacionalista de Ourense organiza os días 19 e 20 de xaneiro unhas xornadas nas que se abordarán temáticas sobre o noso tempo e sobre as transformacións sociais urxentes. A intención é que xurda un substancioso debate colectivo e que os relatores estimulen o inicio dos debates. Terán lugar o sábado 19 e o domingo 20 deste mes de xaneiro.
|
- Beiras: "A Xunta é unha UCI que recorta osíxeno e sangue aos pacientes para cadrar as contas".
- Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta a elaborar un Plan Especial de Desenvolvemento Económico da comarca de Bergantiños
- A "aberrante" política de Núñez Feijóo encamiña a Galiza "cara ao inferno". Ante os datos do paro.
- Orzamentos da Xunta 2013: unha inocentada.
- Actividade parlamentaria do 27 de decembro de 2012.
- A situación actual das caixas é a "crónica dunha morte anunciada"
- As medidas en materia de estranxeiría de Gallardón só xerarán máis inxustiza social
- Apoio á ILP promovida por SOS Sanidade Pública