TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

O grupo de traballo da Mocidade de Anova divulga a falsa austeridade dos Orzamentos da Xunta para 2013 no blogue: http://noneausteridadeeideoloxia.blogspot.com.es

152 millóns de € para concertos educativos e profesorado de relixión, mellor para necesidades do Ensino galego público: para as Universidades públicas, docentes, ensino no rural, construción de centros públicos, etc.

AGE presentou emendas no Parlamento para adicar os cartos destinados a concertos educativos no Ensino público.

 

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda acusa á conselleira de Facenda de tratar a crise "como se fose un fenómeno metereolóxico".
"En só catro anos perdemos un de cada tres euros de recursos orzamentarios", asegura Xosé Manuel Beiras.

"Os Orzamentos supoñen a volatilización da autonomía política e financeira de Galiza".

[Foto: prensa - AGE]

Ler máis...

 

Sobre AGE: Somos unha forza política rupturista, radical no sentido propio - de ir á raíz dos problemas -. Na campaña electoral fixemos unha aposta por dirixírmonos moi explicitamente ás necesidades que ten a maioría social. Debemos ter coidado en non ser extremistas, radicais no sentido eufemístico. O que temos que lograr é que AGE retroalimente o proceso de mobilización, o proceso de rebelión cívica que está acontecendo, combinando o traballo no Parlamento e o traballo das organizacións que compoñen esta alternativa así coma as organizacións que están actuando na sociedade civil. Hai que ampliar a base da fronte ampla con outros sectores políticos. Dímoslle prioridade ao eixo esquerda-dereita sen abandonar unha posición nacionalista emancipadora, polo tanto soberanista. [Entrevista no interior.]

 

Ler máis...

 

Manifestación "Pola lingua que nos une".

Domingo, 27 de xaneiro ás 12 horas.

Alameda de Santiago de Compostela.

 

 

Para AGE, os presuntos delitos nas contas do partido de Mariano Rajoy son outro síntoma da descomposición do réxime político actual. Xa non se trata unicamente de problemas éticos, senón, ademais, no propio funcionamento das institucións.

Ler máis...

 

Alternativa Galega de Esquerda considera intolerábel que o Partido Popular, a través da presidenta da Cámara, secuestre a institución que representa a soberanía popular.

Beiras lémbralle a Pilar Rojo que "os cidadáns que están aí fóra son tan cidadáns coma calquera de nós e os representantes da soberanía popular".

 

Ler máis...

 

Como o Goberno da Xunta renuncia nestes presupostos a incrementar os ingresos cos mecanismos dos que dispón, Alternativa Galega de Esquerda, explotando as cativas competencias da CA galega, propón un incremento dos ingresos da Xunta en 600 millóns de € para destinar ao máis básico: Sanidade, Educación, Servizos Sociais. Incrementos basados en facer pagar máis a quen máis ten.

O grupo de traballo de Mocidade de AnovA difunde as alternativas de AGE con cadros explicativos (no interior desta nova) e imaxes.

 

Ler máis...

 

O grupo parlamentario presenta nove propostas para facer fronte a unha realidade, en palabras de Xan Duro, "que non é unha quimera, senón algo que xa está aquí, en Galicia"
"Queremos suscitar un debate importante para o país e para o planeta, porque esta non é unha crise conxuntural, senón do sistema". A partir desta consideración, formulada polo deputado Antón Sánchez, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) vén de presentar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que a Xunta de Galicia adopte xa medidas para frear as consecuencias do cambio climático.

Ler máis...