O Grupo de Traballo de Mocidade de Anova presenta unha serie de emendas ao Anteproxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galiza. O proxecto plantexa un órgano cunha estrutura practicamente vertical, máis propia dun sistema de "ordeno e mando" que dun deliberativo e de consenso. É insultante que as organizacións estudantís apenas teñan representación e que se organice unha estrutura vertical.
Alternativa Galega de Esquerda cualifica o borrador da presidencia do Parlamento sobre as normas de acceso de "regulamento propio dun centro penitenciario" * Acceder á carta aquí.
Unha lei centralista, inxusta, antidemocrática e reaccionaria. A pretendida Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) do tertuliano Wert non é máis ca o cabalo de Troia co que os neoliberais do PP pretenden afogar o ensino público de calidade, laico, científico e progresista para poñelo en mans destas organizacións e converter o sistema educativo nunha fábrica de consumidores de produtos financeiros privados en detrimento dos servizos públicos que garanten dereitos tan básicos como o das pensións ou o das prestacións por desemprego. [Texto: Anova Vigo - Fotos: Anova Teo]
O proxecto de lei do Goberno de Rajoy é un ataque inaceptábel contra a educación pública e contra o galego. |
ANOVA–Irmandade Nacionalista fai un chamamento ao persoal do sistema sanitario e ao conxunto da cidadanía galega a participar activamente nas asembleas, concentracións e peches que se desenvolverán durante todo o mes de febreiro.
ANOVA - Irmandade Nacionalista, ante o desmantelamento dos servizos sociais comunitarios, quere denunciar o ataque sistemático que os diversos gobernos do PP (Estado e Xunta de Galicia) están dirixindo contra aqueles sectores da poboación que padecen as consecuencias máis dramáticas da crise-estafa á que eles nos empurraron. Nos últimos tempos asistimos a unha nova estratexia da dereita máis rancia que pretende desmantelar os servizos sociais, entendidos estes como mecanismo de corrección dos graves desequilibrios inherentes ás sociedades capitalistas. Preocúpannos especialmente dúas cuestións:
Alternativa Galega de Esquerda apoia os peches que mañá comezan traballador@s dos hospitais da Coruña, Lugo e Verín en defensa da sanidade pública.
ANOVA-Irmandade Nacionalista, ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada ante a tamaña proliferación de casos de corrución e da desvergoña dos gobernantes do PP solicita: 1. A inmediata dimisión do Presidente do Goberno Mariano Rajoy e do seu Goberno. 2. Convocar unhas eleccións xerais a Cortes con carácter constituínte que poña remate á podremia desta 2ª restauración borbónica, que parta da realidade plurinacional do estado e da fórmula republicana para poñer o estado aos servizo das cidadanías das diversas nacións que o integramos e proceder mediante unha creba democrática a limpar todo o lixo acumulado nestas décadas. 3. Modificación urxente do Código Penal para evitar que todos estes delitos de corrupción prescriban e impedir que con este subterfuxio siga o Partido Popular a saír indemne ante a xustiza como aconteceu co caso Naseiro, pasando polos Gurtel e a seguir polo Bárcenas. |
- O Ensino nos Orzamentos da Xunta: #NonEAusteridade #EIdeoloxia
- Alternativa Galega de Esquerda acusa ao PP de manter unha actitude nada democrática ante as informacións sobre o caso Bárcenas
- Beiras: "Os Orzamentos da Xunta "obedecen a un amo para saquear as condicións de vida da xente do común".
- A oposición abandona o pleno dos Orzamentos en protesta polo veto de Pilar Rojo á cidadanía
- Entrevista a Beiras na Radio Galega
- Hai alternativa ao austericidio: #NonEAusteridade #EIdeoloxia
- Pola lingua que nos une
- Alternativa Galega de Esquerda esixe que a Xunta tome medidas contra o cambio climático “ante unha crise que non é conxuntural”