TV Beiras 2012

 

A nosa canle en youtube:
TV Beiras 2012

Síguenos en

FacebookTwitter

Anova da comarca de Ferrol realizou unha ofrenda floral no monumento ao 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega, en memoria de Amador e Daniel, asasinados en 1972.

Previamente, Xosé Manuel Beiras impartiu unha conferencia sobre a situación política da Galiza e do mundo.

Deixámosvos as palabras do compañeiro Lois Rico na ofrenda floral.

HAI CORENTA E UN ANOS

"Erguéstesvos cedo aquel día,
o costume do traballo,
erguéstesvos cedo aquel día
para facernos coa vosa morte, ..."

(Uxío Novoneyra)

Ler máis...

 

A Coordinadora Nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista quere facer públicas as súas condolencias pola morte do Presidente de Venezuela Hugo Chávez.

Máis aló do que a súa loita significou para Venezuela liberándoa da ditadura do FMI e Banco Mundial que levaran á exclusión e á pobreza a máis do 70% da cidadanía, máis aló das mudanza radicais en sanidade, educación públicas e do inmenso número de venezolanos que saíron da exclusión e da pobreza durante os seus mandados e máis aló do recoñecemento as nacións indíxenas que integran Venezuela, os seus mandatos contribuíron decisivamente á construción dun espazo soberano latinoamericano capaz de enfrontar as políticas neoliberais e colonialistas dos centro de poder do capital.

Para ANOVA esta pérdida é moi sentida e a súa loita non deixará de ser un exemplo de como podemos combater a crise na que nos teñen metidos os mesmos axentes financeiros, FMI e Banco Mundial, contra os que se uniron os pobos e a esquerda sudamericana e cuxas políticas nos toca hoxe combater a nos ao igual que a todos os pobos europeus e moi especialmente á Europa do Sul.

A inmensa pegada de Hugo Chávez é malia ao incompleto da revolución democrática bolivariana, será un exemplo do que todas e todos imos tirar conclusión proveitosas.

 

A Xustiza e a Consellaría de Medio Ambiente non permiten que Erimsa explote o seixo da Terra Chá

Nas últimas semanas falláronse en contra da empresa norueguesa os contenciosos que mantiña cos concellos e Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito; e a Xunta denegou todas as licenzas solicitadas

Anova parabeniza á sociedade civil por esta victoria

 

Ler máis...

 

 

Con motivo do Día Internacional das Mulleres, desde Anova Irmandade Nacionalista reivindicamos que este é un día tanto de celebración polas as conquistas acadadas como de loita ante as moitas discriminacións que aínda nos atacan, e debemos de superar. As mulleres e os homes que compoñemos Anova Irmandade Nacionalista alzamos a voz para pedir unha sociedade máis xusta e equitativa con dereitos reais e integrais para as mulleres, como cidadás de pleno dereito.
Levamos moito tempo a oír que estamos en crise, tratando de xustificarnos un retroceso e unha precarización sen precedentes dos dereitos civís e laborais da cidadanía Pero somos as mulleres as que vivimos nunha situación de crise permanente e estructural que pon sobre a mesa a insostibilidade do propio sistema.

 

Ler máis...

 

A Coordinadora Nacional da ANOVA reunida hoxe en Santiago de Compostela acordou convocar a súa Iª Asemblea Nacional para os días 8 e 9 de xuño.

Con anterioridade a esta sesión celabrarase cara o mes de abril unha asemblea deliberante aberta á participación de todas as persoas que queiran compartir con nós as súas opinións, ideas e propostas sobre a situación política e sobre o papel de ANOVA na sociedade galega.

Outros aspectos deste evento -lembremos que é a primeira Asemblea Nacional tras a Asemblea Constituínte do 14 do mes de xullo de 2012- concretaranse nunha vindeira xuntanza da Coordinadora Nacional.

 

Vostedes son máis tristes que as personaxes do Enterro do Conde Orgaz

 

 

Beiras cualifica a actuación do PP no debate dos orzamentos dunha auténtica chamada á insurrección cívica ao demostrar que non están dispostos a razoar nin a acordar nada.

 

 

O orzamento de industria non persegue máis que pagar unha débeda ilexítima.
Converten o investimento e a formación en gasto. É a axenda do despropósito.